A enfermeira galega Isabel Zendal foi unha das integrantes da expedición que levou a vacina da variola a América en 1803, viaxe que se considera o punto de partida da erradicación da enfermidade no mundo. A organización Mundial da saúde nomeouna como a primeira enfermeira en misión internacional pero, como sucedeu con tantas outras pioneiras ao longo da historia, Zendal caeu no esquecemento ata que se lle puxo o seu nome ao hospital de pandemias de Madrid.
Nada en ordes ao redor de 1773, apenas hai datos fiables sobre a súa infancia e mocidade ata que aparece con trinta anos xa como reitora da Casa de Expósitos da Coruña. Foi a última persoa e a primeira muller en incorporarse ao convoi humanitario en calidade de enfermeira. A corveta María Pita partiu do porto coruñés o 30 de novembro de 1803, cun total de 22 nenas e nenos que foron empregados para transportar a vacina brazo a brazo durante a travesía polo océano Atlántico.
Unha vez establecido o grupo en México, Zendal exerceu como enfermeira durante os dez anos que durou a Real Expedición Filantrópica da Vacina, na que se inocularon a medio millón de persoas. Ela e o seu fillo, que era un dos portadores da vacina desde españa, quedaron a vivir en México e descoñécense os detalles do seu falecemento.
(365 días, 365 mulleres)