Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta Día Internacional dos Dereitos Humanos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día Internacional dos Dereitos Humanos. Mostrar todas las entradas

jueves, 5 de diciembre de 2019

10 DE DECEMBRO DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS


O martes 10 de decembro imos a celebrar o día Internacional dos Dereitos Humanos propoñendo diferentes tipos de actividades dende o noso centro. 





Comenzamos facendo unha selección de dereitos:

Artigo 1ª.

Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, débense comportar fraternalmente uns cos outros.
 

Artigo 16ª.

Os homes e as mulleres, a partir da idade núbil, teñen dereito, sen ningunha restrición por motivos de raza, nacionalidade ou relixión, a casar e fundar unha familia; gozaran de iguais dereitos en canto ao matrimonio, durante o matrimonio e no caso de disolución do matrimonio.

Artigo 21ª.

Toda persoa ten dereito a participar no goberno do seu país, directamente ou por medio de representantes libremente escollidos.

Artigo 23. 

Toda persoa ten dereito ao traballo, á libre elección do seu traballo, a condicións equitativas e satisfactorias de traballo e á protección contra o desemprego.

Toda persoa ten dereito, sen ningunha discriminación, a igual salario por igual traballo.