O 11 de Febreiro é o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Este día é implementado pola UNESCO e ONU-Mujeres, en colaboración con institucións e socios da sociedade civil que teñen como obxectivo promover ás mulleres e as nenas na ciencia. Este Día é unha oportunidade para promover o acceso e a participación plenos e equitativos na ciencia para mulleres e nenas.
No IES Chan do Monte levaremos a cabo, como cada curso, unha serie de actvidades orientadas a visibilizar o papel e protagonismo das mulleres no mundo científico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario