Vistas de página en total

martes, 31 de marzo de 2026

GUARDIANA








No Taiwan de principios do século XX, a felicidade dunha muller casada dependía de ter un fillo home. Logralo convertíase nunha obsesión que implicaba diversos rituais. Nownow combina folclore e historia para recrear o día a día das mulleres durante a dinastía Qing, debuxando hermosamente a beleza e a traxedia das súas vidas.

Guardiana é unha historia de ficción con factores sobrenaturais para mostrar a violencia sufrida polas mulleres durante a dinastia Qing.





martes, 24 de marzo de 2026

Presentación en Marín de "Comerás Flores"



A escritora Lucía Solla Sobral, unha das voces emerxentes máis destacadas do panorama literario recente, visitará Marín para presentar o seu libro Comerás flores. 

O encontro terá lugar o próximo 28 de marzo ás 12.00 horas no Museo Manuel Torres. A actividade está organizada polo Ateneo Santa Cecilia e contará coa participación de Arantza Portabales, quen conversará coa autora durante o evento.



NOVIDADES DE IGUALDADE

 NOVIDADES DA NOSA BIBLIOTECA








lunes, 23 de marzo de 2026

Miniguía de Autocoidado para Mulleres



Coidarse non é egoísta, é urxente.

Descobre unha guía feita para ti: consellos de autocoidado pensados para mulleres que o dan todo... E ás veces esquécense de si mesmas. 💜 Ilustrada por Lyona Ivanova. 💌

Descárgaa gratis!





Mulleres e traballo no Antigo Exipto



Hoxe quero falarche dun tema que me apaixona. 

No antigo Exipto, os dereitos das mulleres dependían da súa clase social e non do seu xénero. Ademais, ante a lei, en teoría, homes e mulleres eran iguais, e as mulleres, ao contrario do que sucede noutras culturas, non necesitaban que un home actuase por elas.

 Pero, a pesar desa "igualdade", as mulleres non ocuparon ningún dos postos importantes do Estado. É dicir, as mulleres estaban excluídas da burocracia. Con todo, sabemos que si podían ter certa influencia e poder fóra do ámbito doméstico. 

Hoxe, do que quero falarce, é dos traballos que podían desempeñar esas mulleres a través dun dos meus vídeos de Youtube  

(Mirian Bueno, MBG)






                                (Egiptología MBG,El trabajo de las mujeres en el antiguo Egipto)


martes, 10 de marzo de 2026

8 M. Día da Muller Traballadora



💜💜 O Equipo de #Igualdade do #Chando levou a cabo varias iniciativas para traballar o #8M, a primeira, desde a @laroldanaasociacion que ten como obxectivo visibilizar mulleres artistas de todas épocas e todos os movementos. A segunda, e grazas ao traballo do @ies_rafael_dieste é unha exposición sobre a orixe e reivindicación do 8M. Grazas a todas polas vosas achegas, o alumnado debe coñecer, saber e informarse para logo, entender. 💜💜



AS NOSAS RECOMENDACIÓNS POLO 8M

    

        Cada vez que a obra escrita por unha muller sae do seu andel e é visibilizada nos espazos da nosa biblioteca, cada vez que recomendamos fondos específicos sobre mulleres (durante séculos silenciadas), cada vez que a nosa biblioteca se converte nun espazo de aprendizaxe e reflexión sobre a igualdade e os feminismos… contribuímos a crear un mundo máis xusto e igualitario.


        Non é moito. Non é pouco. Mais é presente e, sobre todo, futuro. Unha sociedade máis xusta faise con pequenos xestos, en comunidades que educan en liberdade e igualdade, en bibliotecas escolares que comprenden que os seus recursos non son neutros, porque a cultura e a lectura transforman as persoas e a sociedade, pois contribúen ao noso pensamento crítico.


    Desde o IES Chan do Monte, o EABE Os labirintos de Mogor e o Equipo de Igualdade do centro aunamos enerxías para apostar e loitar por ese mundo diverso, inclusivo e igualitario que sabemos que é posíbel e que queremos axudar a construír, tamén desde as lecturas e a dinamización dos nosos recursos e espazos.


Vés connosco continuar a senda?

(Equipo de apoio da BE Os Labirinto de Mogor do IEs Chan do Monte)