Cada vez que a obra escrita por unha muller sae do seu andel e é visibilizada nos espazos da nosa biblioteca, cada vez que recomendamos fondos específicos sobre mulleres (durante séculos silenciadas), cada vez que a nosa biblioteca se converte nun espazo de aprendizaxe e reflexión sobre a igualdade e os feminismos… contribuímos a crear un mundo máis xusto e igualitario.
Non é moito. Non é pouco. Mais é presente e, sobre todo, futuro. Unha sociedade máis xusta faise con pequenos xestos, en comunidades que educan en liberdade e igualdade, en bibliotecas escolares que comprenden que os seus recursos non son neutros, porque a cultura e a lectura transforman as persoas e a sociedade, pois contribúen ao noso pensamento crítico.
Desde o IES Chan do Monte, o EABE Os labirintos de Mogor e o Equipo de Igualdade do centro aunamos enerxías para apostar e loitar por ese mundo diverso, inclusivo e igualitario que sabemos que é posíbel e que queremos axudar a construír, tamén desde as lecturas e a dinamización dos nosos recursos e espazos.
Vés connosco continuar a senda?
(Equipo de apoio da BE Os Labirinto de Mogor do IEs Chan do Monte)

No hay comentarios:
Publicar un comentario