Este curso a nosa exposición do Día das Mulleres Escriroras pretende recuperar os seus nomes, dar visibilidade ás súas vidas e obras e recoñecer o papel fundamental que desempeñaron na historia cultural. Cada panel convídanos a descubrir unha escritora, coñecer a súa traxectoria e reflexionar sobre as dificultades que tivo que superar para facer escoitar a súa voz.
Este blog do Grupo de Traballo de Igualdade do IES Chan do Monte (Marín) ten como obxectivo principal visibilizar e pór en valor a participación e producción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico, cultural e científico e se recupere a visión tradicional que presenta as súas achegas como puramente anecdóticas ou secundarias.
Vistas de página en total
martes, 20 de octubre de 2026
Día das Mulleres Escritoras
«Escribir detrás dun nome de home: mulleres que conquistaron a literatura»
Ao longo da historia, moitas mulleres escritoras empregaron pseudónimos masculinos para poder publicar as súas obras, evitar os prexuízos da sociedade ou conseguir que os seus libros fosen valorados nun mundo literario dominado polos homes. Algunhas ocultaron a súa identidade durante anos; outras acabaron recuperando o recoñecemento que merecían.
Detrás de nomes como George Eliot, George Sand, Currer Bell ou Fernán Caballero atopábanse mulleres talentosas que, a través da escrita, expresaron as súas ideas, cuestionaron as normas establecidas e contribuíron a transformar a literatura.
Descargar exposición no seguinte enlace:
miércoles, 14 de octubre de 2026
15 de outubro. Día Internacional das Mulleres Rurais
MULLERES RURAIS
Raíces de igualdade, sementes de futuro
O Día Internacional das Mulleres Rurais celébrase cada ano o 15 de outubro. É unha data dedicada a recoñecer o papel fundamental das mulleres no desenvolvemento rural, na agricultura, na conservación do patrimonio cultural e na protección do medio natural.
Obxectivos da celebración:
- Recoñecer o traballo das mulleres no medio rural.
- Visibilizar a súa contribución á economía, á agricultura e á gandería.
- Defender a igualdade de oportunidades e a independencia económica.
- Poñer en valor os coñecementos tradicionais e a transmisión da cultura.
- Combater a discriminación e favorecer o acceso das mulleres á educación, ao emprego e aos servizos públicos.
A continuación incluimos unha proposta didñactica para traballar co alumnado da ESO e conmemorar este día:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

