Fai máis de 1000 anos no scriptorium do mosteiro zamorano de Tábara, unha muller chamada Ende, posiblemente unha relixiosa, xunto con dous monxes, Senior e Emeterius, iluminaron un manuscrito que actualmente se conserva na catedral de Girona e que se coñece co nome de Beato de Girona .
A sinatura de Ende figura no final do manuscrito xunto co dos seus compañeiros iluminadores. A artista firmou a súa obra como Ende, pintora e serva de Deus, a palabra latina de pintor aparece en forma feminina, incluíndo o nome do seu axudante despois do seu; isto permitiu distinguir o traballo de ambos e así poder atribuir a maioría do libro a Ende.
Ela está considerada, hoxe en día, como a primeira muller artista de Europa e de España.
O Beato de Girona é un dos máis expléndidos exemplares de libros mozárabes con magníficas ilustracións. Este manuscrito foi elaborado no ano 975; consta de 568 páxinas a dúas columnas de 38 líneas. ten 124 miniaturas enriquecidas con ouro e prata. Pola súa calidade artística é moi superior outros códices europeos desa época, e pola variedade de novas imáxenes que inclue, o converte no de maior número de páxinas iluminadas de todos os beatos que coñecemos e un dos máis interesantes. O beato de Girona é, sen dúbida, a culminación artística do scriptorium tabarense.