Vistas de página en total

jueves, 5 de diciembre de 2019

OS DEREITOS HUMANOS

OS DEREITOS HUMANOS

 


A igualdade de xénero está no centro mesmo dos dereitos humanos e os valores das Nacións Unidas. Un principio fundamental da Carta das Nacións Unidas, aprobada polos dirixentes do mundo en 1945, é “dereitos iguais para homes e mulleres” e a protección e o fomento dos dereitos humanos das mulleres como responsabilidade de todos os Estados.
Con todo, millóns de mulleres do mundo enteiro seguen sendo vítimas da discriminación:
Ademais, algúns grupos de mulleres enfróntanse a modalidades complexas de discriminación –debidas a factores tales como a idade, a etnia, a discapacidade ou a condición socioeconómica— que se engaden á súa condición feminina. 
Para garantir de maneira eficaz os dereitos humanos das mulleres é preciso, en primeiro lugar, unha comprensión exhaustiva das estruturas sociais e as relacións de poder que condicionan non só as leis e as políticas, senón tamén a economía, a dinámica social e a vida familiar e comunitaria.
É preciso desactivar os nocivos estereotipos de xénero, de modo que ás mulleres non se lles 

perciba segundo as pautas do que “deberían” facer senón que se lles considere polo que son: 

persoas singulares, cos seus propios desexos e necesidades.

 
(O texto procede da web da ONU)

No hay comentarios:

Publicar un comentario