💜O nome de Carmen Laforet vai unido inevitablemente a «Nada», súa imprescindible novela coa que sendo moi xoven gañou a primeira edición do Premio Nadal en 1944 pero, cando se cumplen os cen años do seu nacimiento, a vida e o resto da obra de esta escritora reivindica moito máis espazo.
No Día das Escritoras queremos adicar o noso espazo a Carmen Laforet...
A nosa recomendación bibliográfica para este mes de Outubro é "NADA
Poucos anos despois da guerra civil española, Andrea chega a Barcelona para estudar Letras na Universidade. Durante a súa estancia na marabillosa cidade condal hospedarase en casa dos seus familiares, pero a expectación que sente neses momentos máxicos iniciais vaise a borrar de golpe ao abrirse a porta do piso. A partir dese momento todo vaille a parecer un pesadelo. O ambiente familiar será cada vez máis insoportable e a dor da soidade da protagonista vai unido á súa figura, sombra apenas reflectida nalgún espello. Ao acabar o ano, ela cre que non se levou nada pero, canto pesa, con todo, a equipaxe vivida!
Baseado na novela homónima de Carmen Laforet e editada por Destino. Claudio Stassi, autor da adaptación a novela gráfica da cidade dos prodixios publicada por Planeta Cómic, ilustra á perfección o ambiente familiar asfixiante e a decadencia da Barcelona da posguerra.