Vistas de página en total

miércoles, 22 de marzo de 2023

VIOLENCIA DE XÉNERO. PROPOSTA DIDÁCTICA

     

 

A  comunidade   educativa   na   que   traballamos,   aprendemos   e   convivimos   é   un   espacio esencial para que, dende a adolescencia, nos sensibilizemos contra a violencia de xénerro sobre a muller en todas as súas manifestacións.

 

    Este proxecto contribuirá, a través da análise dunha manifestación artística relacionada cos medios de comunicación e que está tan ao alcance dos/as adolescentes, a achegar este problema ao alumnado, a valorar as diferentes manifestacións ou tipos de violencia de xénero que existen e a fomentar un espacio máis igualitario. 

 

  Proposta didáctica :

https://drive.google.com/file/d/1cqBOMk1CuTJKP-bIXk2bLHOydq6szEv9/view?usp=share_link

lunes, 20 de marzo de 2023

Igualdade de oportunidades entre homes e mulleres

 Proposta de actividade sobre a "Igualdade de oportunidades entre homes e mulleres"

 

Definición de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres
 

Perfil do alumnado ao que vai dirixido:
 

-Alumnado de 1º e 2º da ESO
 

Non sempre é fácil transmitir conceptos como a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres a un alumnado tan pequeño. Unha maneira atractiva de introducir o tema e intentar explicalo é usando unha situación de aprendizaxe que faga que o alumnado se sitúe na pel duns protagonistas que vivan esa situación. Esta situación de aprendizaxe permitirá abrir debate sobre o tema e que o alumnado reflexione.

 
“Imos a comenzar o tema da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres definiendo este concepto: Igualdade de oportunidades é un dereito que implica que todos os seres humanos deben ter as mesmas oportunidades para conseguir equivalentes condicións de vida a nivel persoal e social, independentemente do seu sexo, relixión, raza ou calquera outra condición.  Este dereito o podemos atopar xa recollido nos Dereitos dos Nenos e das Nenas aprobados pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 1989. Si recordamos, na carta dos dereitos aparecía recollido que todos os nenos e as nenas teñen os mesmos dereitos e libertades sen ningunha distinción de raza, cor, sexo, idioma, relixión ...

 


 

 

Agora imos a plantexar una situación que nos serva como exemplo para entender o que significa igualdade de oportunidade.
 

Este sería o exemplo:
 

"Imaxinade que sodes Abeni, unha rapaza que reside nunha aldea de Uganda. Ela quere estudar e chegar a ser enfermeira para poder axudar aos seus. Vai a escola todos os días xunto cos seus compañeiros e as súas compañeiras. Pero no seu caso o ritmo diario é distinto ao do seus compañeiros. Abeni e as súas compañeiras nenas teñen que levantarse máis cedo para estar antes que o nenos na escola e ter todo limpo para comenzar as clases -é a obriga tradicional das mulleres ocuparse de esas tarefas-. Elas reparten os libros e os colocan sobre os pupitres dos seus compañeiros e se sobran libros poden usalos ellas.
 

Abeni e as súas compañeiras deben sentarse detrás xa que os primeiros sitios están reservados aos nenos. O mestre explica con máis atención aos seus compañeiros e non lles presta moita a ellas. Este trato é debido a que él sabe que poucas nenas seguirán indo a escola despois de cumprir os dez anos. Con tal de que aprendan a escribir unhas frases e facer cálculos básicos de sumas e restas xa lles chega.
¿Por qué? Según a tradición as nenas deben casarse sobre os dez anos cun marido elexido pola súa familia. Os nenos non están obrigados a casarse e poden elexir libremente á súa esposa. E dicir, ellas xa non seguirán na escola, salvo en casos excepcionais.
 

Cando volve a casa Abeni debe axudar á súa nai a facer a comida, limpar, ir a por auga e servir aos homes da familia. Se quere estudar para o día seguinte debe esperar e facelo máis tarde, se pode”
 

Reflexión para toda a clase:

 
¿Creedes que Abeni poderá chegar a terminar os seus estudos igual que os seus compañeiros? ¿Ten as mesmas oportunidades que os seus compañeiros tanto no ámbito académico como social? ¿Ten a mesma libertade que os seus compañeios para decidir sobre a súa vida e o seu futuro?
 

O caso que acabamos de exponer é un claro exemplo do que é a falta de dereito á igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. É certo que o exemplo o situamos nun país non desenvolvido e con serios problemas no tema dos dereitos ás mulleres, pero é un exemplo moi claro para que entendades o que significa Igualdade de Oportunidades.