Vistas de página en total

viernes, 19 de diciembre de 2025

Mulleres que viven xuntas

 

   Recomendación de lectura...





     En 1955, despois da morte de seu pai, Isabel, que aínda non fixo os dez anos, vese na obriga de marchar para Londres, onde será acollida polos tíos. Cando en 1968 regresa á súa aldea, preto de Compostela, coñece a Chus, unha mestra que coidou da súa nai mentres ela non estaba e con quen vai iniciar unha relación de amor que durará toda a vida. O medo ao que dirán e a manifestar a súa situación sentimental durante a represión franquista, provoca que manteñan un segredo que lles afectará profundamente.

   Cun estilo sobrio e cunha magnífica construción das personaxes, que van medrando a través da intercalación de distintos tempos e voces narrativas, «Mulleres que viven xuntas» interpela as lectoras e lectores para reflexionar sobre as dificultades e repercusións que a orientación sexual pode supoñer para algunhas persoas. Unha obra conmovedora tecida cos fíos de cores do amor e da paixón, mais tamén con moitas puntadas escuras de frustración.

miércoles, 17 de diciembre de 2025

Comerás Flores

 

"Comerás Flores" é unha novela que indaga nos espellismos das relacións desiguais e na amizade como refuxio.

    meses despois da morte do seu pai e recentemente graduada, Mariña coñece a Jaime, un home vinte anos maior que ela que irrompe na súa vida colmándoa de atencións e plans. En pouco tempo, o seu día a día dá un cambio brusco: deixa de saír coa súa amiga de festa e instalase no cómodo apartamento de jaime. Cegada pola sofisticada vida adulta e o seu encanto, mariña vese mergullada por completo no seu mundo, comenzando a esquecer o que a definía. 





    " Unha novela que nace deses conversacións entre mulleres onde se debullan, coa crudeza de quen viviu o mesmo con distinto nome, as feridas comúns. É unha historia dun patrón tóxico tan normalizado que doe recoñecelo, pero contada cunha prosa tan lírica e precisa que se converte nun acto de catarse e, finalmente, de liberación. O excepcional da narrativa da autora non é só a identificación que provoca, poucas serán as mulleres que non recoñecen algún aspecto desta desigual relación pasadas ou presentes, senón a mestría coa que envolve esta historia de sumisión e espertar" 8 O Diario Montañés)