Donas de Sí ten como obxectivo principal visibilizar e pór en valor a participación e producción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico, cultural e científico e se recupere a visión tradicional que presenta as súas achegas como puramente anecdóticas ou secundarias.
Vistas de página en total
lunes, 25 de noviembre de 2019
viernes, 22 de noviembre de 2019
BONUS TRACK
NOVIDADES DA BIBLIOTECA para traballar contra a Violencia de Xénero
Pero sempre hai unha posibilidade para a esperanza. Por iso cómpre
esgotar as pistas establecidas se queres que apareza o BONUS TRACK.
Xusto nese xiro imprevisto, cando xa parece que non queda nada, nacen os relatos deste libro de Rosalía Fernández Rial: vinte e dous contos tecidos con letras de cancións e derradeiras esperanzas. É importante agardar. As mellores hisorias comezan onde remata a melodía. Resiste. E cando a música repouse, entrará a literatura a bailar.

ESPAZO CONTRA A VIOLECIA DE XÉNERO
Celebrando o 25 de Novembro contra a Violencia de Xénero ..
Dende a Biblioteca do IEs ofrecemos un pequeno espazo no que mostramos algunhas das novidades que temos sobre o tema da Violecia de Xénero.
Dende a Biblioteca do IEs ofrecemos un pequeno espazo no que mostramos algunhas das novidades que temos sobre o tema da Violecia de Xénero.
lunes, 11 de noviembre de 2019
NOVIDADES NO ESPAZO DE IGUALDADE
Novos libros con protagonistas mulleres baseados en feitos reais xa no noso espazo de Igualdade da Biblioteca do IES.
Recomendámosche algúns libros que pretenden plasmar a vida dalgunhas mulleres de diversas culturas con historias realmente excepcionais.
viernes, 8 de noviembre de 2019
19 DE NOVEMBRO DE 1933
Fai 86 anos as mulleres españolas votaron por primeira vez nunhas eleccións en España. Foi o día 19 de novembro de 1933 durante a II República.
A este acontecemento histórico tan relevante adicamos este mes a exposición fotográfica da nosa Cafetería.
A este acontecemento histórico tan relevante adicamos este mes a exposición fotográfica da nosa Cafetería.
miércoles, 6 de noviembre de 2019
DONAS DE SI
Donas de Sí ten como obxectivo principal visibilizar e pór en valor a participación e producción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico e cultural e se recupere a visión tradicional que presenta as súas achegas como puramente anecdóticas ou secundarias. Para conseguilo proponse realizar unha aproximación de conxunto, que teña en conta a variable de xénero, a figuras relevantes (atendendo especialmente as figuras esquecidas ou ocultas) da nosa historia para construir e divulgar a memoria histórica feminina de Galicia.
O traballo dos centros neste programa pódese centrar nos seguintes aspectos:
-Coñecemento e divulgación de mulleres relevantes na historia.
-Coñecemento e divulgación de mulleres relevantes na actualidade.
-Coñecemento e divulgación do labor das mulleres do contorno do alumnado.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)