Donas de Sí ten como obxectivo principal visibilizar e pór en valor a participación e producción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico e cultural e se recupere a visión tradicional que presenta as súas achegas como puramente anecdóticas ou secundarias. Para conseguilo proponse realizar unha aproximación de conxunto, que teña en conta a variable de xénero, a figuras relevantes (atendendo especialmente as figuras esquecidas ou ocultas) da nosa historia para construir e divulgar a memoria histórica feminina de Galicia.
O traballo dos centros neste programa pódese centrar nos seguintes aspectos:
-Coñecemento e divulgación de mulleres relevantes na historia.
-Coñecemento e divulgación de mulleres relevantes na actualidade.
-Coñecemento e divulgación do labor das mulleres do contorno do alumnado.

No hay comentarios:
Publicar un comentario