Vistas de página en total

jueves, 12 de diciembre de 2019

BRAVXS

        O IES encheuse onte dos paneis informativos da exposición "Bravxs".

A exposición trata temáticas como a inxustiza e a discriminación no ámbito da ciencia que sofren as mulleres, a pesar de valía das súas investigacións e descubrimentos, a través dunhas caretas ilustradas por Marta Rise, ex mestra da Facultade de Belas Artes.

Os/as nosos/as alumnos/as, grazas a esta iniciativa, a historia de mulleres enormemente relevantes no campo científico como Ada Lovelace ou Rosalind Franklin. Ademais, poderán propor novos nomes de mulleres que tamén foron invisibilizadas para unilos á lista proposta. 




jueves, 5 de diciembre de 2019

RECOMENDACIÓNS BIBLIOGRÁFICAS

A partir deste mes imos a propoñer unha serie de recomendacións da nosa Biblioteca -libros, películas..- sobre os Dereitos Humanos e Igualdade. O Comic proposto este mes é "El azul é un color cálido" de Maroh Julie.



O CINE E OS DEREITOS HUMANOS

Traballo da nosa alumna Raquel Golobardas Alvite para o Día Internacional dos Dereitos Humanos

Enlace do traballo en inglés  HIDDEN FIGURES

 




OS DEREITOS HUMANOS

OS DEREITOS HUMANOS

 


A igualdade de xénero está no centro mesmo dos dereitos humanos e os valores das Nacións Unidas. Un principio fundamental da Carta das Nacións Unidas, aprobada polos dirixentes do mundo en 1945, é “dereitos iguais para homes e mulleres” e a protección e o fomento dos dereitos humanos das mulleres como responsabilidade de todos os Estados.
Con todo, millóns de mulleres do mundo enteiro seguen sendo vítimas da discriminación:
Ademais, algúns grupos de mulleres enfróntanse a modalidades complexas de discriminación –debidas a factores tales como a idade, a etnia, a discapacidade ou a condición socioeconómica— que se engaden á súa condición feminina. 
Para garantir de maneira eficaz os dereitos humanos das mulleres é preciso, en primeiro lugar, unha comprensión exhaustiva das estruturas sociais e as relacións de poder que condicionan non só as leis e as políticas, senón tamén a economía, a dinámica social e a vida familiar e comunitaria.
É preciso desactivar os nocivos estereotipos de xénero, de modo que ás mulleres non se lles 

perciba segundo as pautas do que “deberían” facer senón que se lles considere polo que son: 

persoas singulares, cos seus propios desexos e necesidades.

 
(O texto procede da web da ONU)

10 DE DECEMBRO DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS


O martes 10 de decembro imos a celebrar o día Internacional dos Dereitos Humanos propoñendo diferentes tipos de actividades dende o noso centro. 





Comenzamos facendo unha selección de dereitos:

Artigo 1ª.

Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, débense comportar fraternalmente uns cos outros.
 

Artigo 16ª.

Os homes e as mulleres, a partir da idade núbil, teñen dereito, sen ningunha restrición por motivos de raza, nacionalidade ou relixión, a casar e fundar unha familia; gozaran de iguais dereitos en canto ao matrimonio, durante o matrimonio e no caso de disolución do matrimonio.

Artigo 21ª.

Toda persoa ten dereito a participar no goberno do seu país, directamente ou por medio de representantes libremente escollidos.

Artigo 23. 

Toda persoa ten dereito ao traballo, á libre elección do seu traballo, a condicións equitativas e satisfactorias de traballo e á protección contra o desemprego.

Toda persoa ten dereito, sen ningunha discriminación, a igual salario por igual traballo.