Esta parodia histórica apenas repara en mulleres senlleiras, aínda que as houbo e algunhas saen aquí. Repara e aínda se recrea nas mulleres comúns, aquelas que, sen protagonizaren episodios radiantes, foron as que mantiveron isto ao longo dos séculos.
Este blog do Grupo de Traballo de Igualdade do IES Chan do Monte (Marín) ten como obxectivo principal visibilizar e pór en valor a participación e producción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico, cultural e científico e se recupere a visión tradicional que presenta as súas achegas como puramente anecdóticas ou secundarias.
Vistas de página en total
jueves, 4 de febrero de 2021
martes, 2 de febrero de 2021
A Identidade Oculta
A Identidade Oculta
Virginia Woolf na súa obra Una habitación propia afirmaba: «Me atrevería a aventurar que Anónimo, que tantas obras ha escrito sin firmar, era a menudo una mujer». Si unha das razóns polas que os autores ocultaban súa identidade era o medo a enfrentarse a prexuicios ou a non ser tomados en serio, resulta verosímil pensar que as mulleres o tiñan máis complicado en épocas pasadas que os homes.
Este mes de febreiro decidimos adicar unha das nosas actividades do Proxecta de Igualdade a revalorizar a figuras de algunhas destas escritoras célebres que tiveron que ocultar a súa identidade, ben detrás dun seudónimo, ben detrás da palabra Anónimo.




