Esta parodia histórica apenas repara en mulleres senlleiras, aínda que as houbo e algunhas saen aquí. Repara e aínda se recrea nas mulleres comúns, aquelas que, sen protagonizaren episodios radiantes, foron as que mantiveron isto ao longo dos séculos.
Este blog do Grupo de Traballo de Igualdade do IES Chan do Monte (Marín) ten como obxectivo principal visibilizar e pór en valor a participación e producción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico, cultural e científico e se recupere a visión tradicional que presenta as súas achegas como puramente anecdóticas ou secundarias.

No hay comentarios:
Publicar un comentario