Vistas de página en total

martes, 17 de enero de 2023

EXPOSICIÓN "TRECE ROSAS"

 TRECE ROSAS é un proxecto de concordia e reconciliación pola recuperación da Memoria Histórica con perspectiva de xénero.

As Trece Rosas é o nome colectivo que se lle deu a un grupo de trece novos, a metade delas membros das Mocidades Socialistas Unificadas, fusiladas polo réxime franquista en Madrid o 5 de Agosto de 1939, pouco despois de finalizar a Guerra Civil Española. As súas idades estaban comprendidas entre os 18 e os 29 anos.

A enorme repercusión mediática destes feitos deu lugar á súa narración non só a nivel propiamente histórico senón que, traspasando barreiras, o suceso integrouse no mundo da literatura, cinema, teatro, música…

A nosa proposta sobre o tema é unha pequena serie expositiva na que achegamos ao noso alumnao a imaxen e algúns datos sobre cada unha destas mulleres representante da violencia exercida polo reximen franquista contra as mulleres "roxas".