Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta Coeducación.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Coeducación.. Mostrar todas las entradas

miércoles, 17 de enero de 2024

Mujer, Vida, Libertad


NOVEDADES BIBLIOTECA


 

O 16 de setembro de 2022, en Irán, Mahsa Amini sucumbiu ante os golpes propinados pola policia da moral por non levar o veo. A súa morte levantou unha onda de protestas por todo o país que se converteu non movemento feminista sen precedentes.






Co fin de narrar este acontecemento fundamental para Irán e para todas nós e todos nós, Marjane Satrapi reuniu a tres especialistas: o politólogo Farid Vahid, o reporteiro Jean-Pierre Perrin e o historiador Abbas Milani, aos que se suman dezasete dos mellores talentos do cómic.



martes, 28 de febrero de 2023

MULLERES DA IDADE MEDIA

   Este trimestre o alumnado de 2º da ESO realizou un traballo de investigación sobre mulleres destacadas da Idade Media. Fixemos unha selección e recopilaron, de maneira individual, información sobre a vida e obra de diferentes personaxes femininos. 

    Unha vez reunida a información suficiente fixeron unha montaxe en formato infografía. O resultado destes traballos foi exposto na nosa cafetería durante o mes de febreiro.  





 

martes, 17 de enero de 2023

EXPOSICIÓN "TRECE ROSAS"

 TRECE ROSAS é un proxecto de concordia e reconciliación pola recuperación da Memoria Histórica con perspectiva de xénero.

As Trece Rosas é o nome colectivo que se lle deu a un grupo de trece novos, a metade delas membros das Mocidades Socialistas Unificadas, fusiladas polo réxime franquista en Madrid o 5 de Agosto de 1939, pouco despois de finalizar a Guerra Civil Española. As súas idades estaban comprendidas entre os 18 e os 29 anos.

A enorme repercusión mediática destes feitos deu lugar á súa narración non só a nivel propiamente histórico senón que, traspasando barreiras, o suceso integrouse no mundo da literatura, cinema, teatro, música…

A nosa proposta sobre o tema é unha pequena serie expositiva na que achegamos ao noso alumnao a imaxen e algúns datos sobre cada unha destas mulleres representante da violencia exercida polo reximen franquista contra as mulleres "roxas".