NOVEDADES BIBLIOTECA
O 16 de setembro de 2022, en Irán, Mahsa Amini sucumbiu ante os golpes propinados pola policia da moral por non levar o veo. A súa morte levantou unha onda de protestas por todo o país que se converteu non movemento feminista sen precedentes.
Co fin de narrar este acontecemento fundamental para Irán e para todas nós e todos nós, Marjane Satrapi reuniu a tres especialistas: o politólogo Farid Vahid, o reporteiro Jean-Pierre Perrin e o historiador Abbas Milani, aos que se suman dezasete dos mellores talentos do cómic.
No hay comentarios:
Publicar un comentario