Vistas de página en total

lunes, 29 de enero de 2024

O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia


 O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se celebra cada ano o 11 de febreiro, foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e as nenas. Este Día é un recordatorio de que as mulleres e as nenas desempeñan un papel fundamental nas comunidades de ciencia e tecnoloxía e que a súa participación debe fortalecerse.

    A celebración deste día está dirixida pola UNESCO e ONU-Mujeres, en colaboración con institucións e socios da sociedade civil que promoven o acceso e a participación de mulleres e nenas na ciencia.

    Este curso celebraremos o día cunha pequena mostra sobre a contribución das mulleres ao campo da Xeoloxía. Para iso tomaremos como referencia un interesante traballo titulado "Geas. Mujeres que estudian la Tierra".

 



Podemos consultar a obra no seguinte enlace:

Geas. Mujeres que estudian la Tierra

No hay comentarios:

Publicar un comentario