Vistas de página en total

viernes, 19 de diciembre de 2025

Mulleres que viven xuntas

 

   Recomendación de lectura...





     En 1955, despois da morte de seu pai, Isabel, que aínda non fixo os dez anos, vese na obriga de marchar para Londres, onde será acollida polos tíos. Cando en 1968 regresa á súa aldea, preto de Compostela, coñece a Chus, unha mestra que coidou da súa nai mentres ela non estaba e con quen vai iniciar unha relación de amor que durará toda a vida. O medo ao que dirán e a manifestar a súa situación sentimental durante a represión franquista, provoca que manteñan un segredo que lles afectará profundamente.

   Cun estilo sobrio e cunha magnífica construción das personaxes, que van medrando a través da intercalación de distintos tempos e voces narrativas, «Mulleres que viven xuntas» interpela as lectoras e lectores para reflexionar sobre as dificultades e repercusións que a orientación sexual pode supoñer para algunhas persoas. Unha obra conmovedora tecida cos fíos de cores do amor e da paixón, mais tamén con moitas puntadas escuras de frustración.

miércoles, 17 de diciembre de 2025

Comerás Flores

 

"Comerás Flores" é unha novela que indaga nos espellismos das relacións desiguais e na amizade como refuxio.

    meses despois da morte do seu pai e recentemente graduada, Mariña coñece a Jaime, un home vinte anos maior que ela que irrompe na súa vida colmándoa de atencións e plans. En pouco tempo, o seu día a día dá un cambio brusco: deixa de saír coa súa amiga de festa e instalase no cómodo apartamento de jaime. Cegada pola sofisticada vida adulta e o seu encanto, mariña vese mergullada por completo no seu mundo, comenzando a esquecer o que a definía. 





    " Unha novela que nace deses conversacións entre mulleres onde se debullan, coa crudeza de quen viviu o mesmo con distinto nome, as feridas comúns. É unha historia dun patrón tóxico tan normalizado que doe recoñecelo, pero contada cunha prosa tan lírica e precisa que se converte nun acto de catarse e, finalmente, de liberación. O excepcional da narrativa da autora non é só a identificación que provoca, poucas serán as mulleres que non recoñecen algún aspecto desta desigual relación pasadas ou presentes, senón a mestría coa que envolve esta historia de sumisión e espertar" 8 O Diario Montañés)





martes, 18 de febrero de 2025

OCEÁNICAS


Oceánicas é un proxecto promovido polo Instituto Español de Oceanografía que ten como obxetivo divulgar o traballo de científicas adicadas ao estudo dos océanos, tanto actuais como do pasado, dara a coñecer a súa vida e a súa obra, tratando así de xerar vocacións científicas en neas e nenos, fomentar a súa creatividade e o trato igualitario fronte ás desigualdades de xénero dende idades temperás.

Oceánicas pon en valor o legado das mulleres pioneiras da oceanografía. Mujeres como Jeanne Baret, botánica francesa que foi a primeira en circunnavegar o mundo no século XVIII disfrazada de home; Marie Tharp, xeóloga mariña que, a pesar de ter prohibido embarcar, elaborou o primeiro mapa dos fondos oceánicos atlánticos; Ángeles Alvariño, oceanógrafa galega do IEO que se converteu na primeira muller en embarcar nun buque inglés e que descubriu 22 especies mariñas; ou Sylvia Earle, primeira muller en liderar a NOAA e exploradora de National Geographic.

Ademais, Oceánicas é unha plataforma para que mulleres que traballan actualmente en Ciencias do Mar, tanto investigadoras como técnicas, estudantes, empresarias etc., divulguen o seu traballo e axuden aos mozos para descubrir a súa paixón pola ciencia e a natureza. Por último, a través de diferentes concursos, Oceánicas trata de espertar a curiosidade e o interese a nivel persoal dos mozos, fomentar a súa creatividade e promover a comprensión de conceptos e fenómenos científicos. Todo iso buscando un contacto directo entre nenos e investigadoras.

miércoles, 5 de febrero de 2025

Día da Muller e a nena na Ciencia. Proposta Didáctica

     O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se celebra cada ano o 11 de febreiro, foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e as nenas. Este Día é un recordatorio de que as mulleres e as nenas desempeñan un papel fundamental nas comunidades de ciencia e tecnoloxía e que a súa participación debe fortalecerse. A celebración deste día está dirixida pola UNESCO e ONU-Mujeres, en colaboración con institucións e socios da sociedade civil que promoven o acceso e a participación de mulleres e nenas na ciencia. 

 É moi importante realizar este traballo de visibilización desde a infancia, xa que soamente 1 de cada 8 personaxes dos libros de texto son mulleres e no caso de textos de ciencia e tecnoloxía só 1 de cada 20. 

   Dende aquí aportamos recursos para traballar na aula con noso alumnado. Por exemplo, a interesante proposta da profesora Aida Amor Cañoto López de intervención na aula empregando unha combinación entre a metodoloxía de aula investida e a gamificación para os alumnos e alumnas de cuarto da ESO que permite descubrir o papel da muller na física e a química.

    Premer no título do traballo: 

 "Deseñar unha proposta de intervención utilizando unha combinación entre a metodoloxía de aula investida e a gamificación para os alumnos e alumnas de cuarto da ESO que permita aos alumnos e alumnas descubrir o papel da muller na física e a química." 




11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

     O 11 de Febreiro é o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Este día  é implementado pola UNESCO e ONU-Mujeres, en colaboración con institucións e socios da sociedade civil que teñen como obxectivo promover ás mulleres e as nenas na ciencia. Este Día é unha oportunidade para promover o acceso e a participación plenos e equitativos na ciencia para mulleres e nenas.

    No IES Chan do Monte levaremos a cabo, como cada curso, unha serie de actvidades orientadas a visibilizar o papel e protagonismo das mulleres no mundo científico.