Este blog do Grupo de Traballo de Igualdade do IES Chan do Monte (Marín) ten como obxectivo principal visibilizar e pór en valor a participación e producción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico, cultural e científico e se recupere a visión tradicional que presenta as súas achegas como puramente anecdóticas ou secundarias.
Vistas de página en total
martes, 10 de marzo de 2026
8 M. Día da Muller Traballadora
AS NOSAS RECOMENDACIÓNS POLO 8M
viernes, 6 de marzo de 2026
miércoles, 4 de marzo de 2026
8 de Marzo
A orixe do DÍA DA MULLER
lunes, 16 de febrero de 2026
Día da Muller e da Nena nas Ciencias
O Efecto Matilda
O efecto Matilda é un fenómeno histórico no cal as contribucións das mulleres na ciencia foron subestimadas, ignoradas ou atribuídas aos seus colegas masculinos. Este termo foi acuñado en 1993 pola historiadora Margaret W. Rossiter en honra a Matilda Joslyn Gage, unha activista do século XIX que sinalou a discriminación de xénero en diversas áreas, incluíndo a ciencia.
Antigamente, este efecto era moi común, e moitas científicas non recibían o recoñecemento que merecían polos seus descubrimentos e avances. Exemplos notables inclúen a Rosalind Franklin, cuxa contribución crucial ao descubrimento da estrutura do ADN foi minimizada en favor dos seus colegas Watson e Crick, e Lise Meitner, cuxa labor na fisión nuclear foi eclipsada por Otto Hahn, quen recibiu o Premio Nobel.
Aínda que actualmente avanzouse significativamente na visibilidade e o recoñecemento das mulleres na ciencia, o efecto Matilda aínda pode manifestarse, aínda que de maneira máis sutil. Por iso, é fundamental coñecer este fenómeno histórico para continuar promovendo a igualdade de xénero en todas as áreas do coñecemento e evitar situacións inxustas onde o traballo das mulleres non sexa debidamente recoñecido.
Entender o efecto Matilda non só axúdanos a corrixir inxustizas do pasado, senón que tamén nos proporciona ferramentas para identificar e combater a discriminación de xénero na actualidade, asegurando que todos os investigadores, independentemente do seu xénero, reciban o crédito que merecen polas súas contribucións científicas.
viernes, 6 de febrero de 2026
"ANA no". Unha novela de Agustín Gómez Arcos
Ana Paucha, que se chamaba a sí mesma Ana no, era uha muller de sol, de dicha, prendada do seu marido, pescador, e dos seus tres fillos.
O marido e os dous fillos maiores morreron na guerra civil, o pequeno está preso. Ana no, con setenta e cinco anos, pecha a porta da súa casa nun pequeno pobo almeriense e decide ir andando ata o cárcere onde está o seu fillo para abrazalo e darlle o pan de aceite que amasou coas súas propias mans.
Inquietante viaxe cara o norte de España, viaxe de amor e de morte, de iniciación e de coñecemento. É unha novela que aborda a fortaleza feminina ante o sufrimento.
A novela presenta a un dos personaxes femininos máis fermosos da literatura contemporáneea, así como unha admirable alegoría da condición humana.
domingo, 25 de enero de 2026
ILUSTRÍSIMAS
Ilustrísimas é unha iniciativa da profesora de Lengua y Literatura Castellana do IES Chan do Monte Cristina Corral. Esta orixinal proposta consiste en adicar cada mes a unha pequena exposición sobre mulleres ilustradoras galegas.
Este mes a elexida é Sarai Lorenzo.
Sarai Lorenzo naceu en Cangas ( Pontevedra) e sempre mostrou paixón polos libros e o cine. Graduada en Belas Artes cun Mestrado en Ilustración e Animación Audiovisual axudaron a conformar a súa traxectoria como ilustradora
sábado, 24 de enero de 2026
Manicura contra a Homofobia
Coa campaña de sensibilización "Manicura contra a homofobia", a Coordinación de Igualdade do KIES Chan do Monte propoxo a toda a comunidade educativa condenar os insultos homófogos que aínda se producen e apoiar a quen reivindica unha masculinidade libre de estereoptipos pintado as unllas nun improvisado Nail Bar. A iniciativa está inspirada co acontecido ao futbolista @boriglesias9.
Con esta campaña reafirmamos o noso compromiso co respeto, a igualdade ea diversidade.
Agradecemento ao alumnado que estivo pintando as unllas nos recreos!!!
E tí, xa pintaches as unllas?💅





