Donas de Sí ten como obxectivo principal visibilizar e pór en valor a participación e producción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico, cultural e científico e se recupere a visión tradicional que presenta as súas achegas como puramente anecdóticas ou secundarias.
Vistas de página en total
viernes, 31 de enero de 2020
viernes, 24 de enero de 2020
LIBRO RECOMENDADO DO MES DE XANEIRO
IGUALDADE
NA BIBLIOTECA
“DOCTORA
LAURA ¿DÍGAME?”
Os
segredos familiares, o desenvolvemento dunha identidade propia e o
descubrimento da (homo)
sexualidade
constitúen o núcleo deste sorprendente cómic autobiográfico,
digno herdeiro do Fun
Home
de Alison Bechdel.
Nicole
J. Georges tiña dous anos cando a súa familia díxolle que o seu
pai morrera, e vinte e tres cando unha pitonisa aseguroulle que, pola
contra, seguía vivo. Así, a novela vira en torno ao impacto
psíquico e anímico que supón criarse nun fogar onde unha parte
importante da realidade familiar está cuberta por un manto de
silencio, até que un día unha fonte inesperada ábreche os
ollos á verdade.
Dacabalo
entre as novelas de iniciación e as de aceptación persoal, e
mediante unhas ilustracións en branco e negro dunha inxenuidade
enternecedora, Doutora
Laura, dígame?
marca a chegada dunha voz nova e moi suxestiva á literatura gráfica.
MANUAL DA BOA ESPOSA
Exposición na cafetería do IES Chan do Monte
MANUAL DA BOA ESPOSA
Nos
anos corenta e cincuenta, durante a ditadura de Franco, vivíase
nunha sociedade machista, a muller era considerada como a que
incitaba ao pecado e había un dominio do home sobre a muller nos
temas referentes ás concepcións sociais e científicas, xa que
existía unha suposta inferioridade mental nesta. A Falanxe
fixo fincapé na posición das mulleres creando un manual da esposa
perfecta en 1953, o cal se entregaba en España a todas as mulleres
que facían Servizo Social na sección feminina, algo que agora é
considerado como machista naquela época eran normas que as mulleres
tiñan que cumprir. As regras ían desde as tarefas da casa até as
relacións sexuais.
Despois
da Segunda República as mulleres xa conseguiran o dereito ao voto e
a súa ocupación en lugares públicos, pero o réxime franquista
conduciunas de novo aos seus fogares e a consideralas unicamente como
procreadoras, como consecuencia das mortes causadas. A súa función
era manter a orde tradicional do fogar, coidar ao home, protexelo e
satisfacelo.
A
guía da esposa perfecta trataba todos os temas, recollía os valores
tradicionais católicos que se asentaron en 1939 tras a Guerra Civil
e desenvolvidos desde os seus inicios.
miércoles, 15 de enero de 2020
Convocatoria do III Concurso de carteis do 8 de marzo de 2020, Día Internacional da Muller
Convocatoria do III Concurso de carteis do 8 de marzo de 2020, Día Internacional da Muller
A
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación
Educativa e a Secretaría Xeral de Igualdade convocan un concurso para o
deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día
Internacional da Muller.Poderá
participar no concurso calquera centro educativo de ensino non
universitario que imparta ensinanzas de infantil, primaria, secundaria e
formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia en tres
categorías:
Co fin de axilizar a recepción dos traballos, os centros deberán adiantar a proposta do traballo,
á Secretaría Xeral da Igualdade mediante o envío (cartel en formato PDF
ou JPG e a información identificativa do anexo I, que son os datos do
alumnado e do Centro educativo, ao seguinte enderezo electrónico: concurso8m.igualdade@xunta.gal
Esta forma de envío non exime aos centros de entregar os traballos de acordo coas bases do concurso.
As bases do concurso pódense consulta no seguinte enlace:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)