IGUALDADE
NA BIBLIOTECA
“DOCTORA
LAURA ¿DÍGAME?”
Os
segredos familiares, o desenvolvemento dunha identidade propia e o
descubrimento da (homo)
sexualidade
constitúen o núcleo deste sorprendente cómic autobiográfico,
digno herdeiro do Fun
Home
de Alison Bechdel.
Nicole
J. Georges tiña dous anos cando a súa familia díxolle que o seu
pai morrera, e vinte e tres cando unha pitonisa aseguroulle que, pola
contra, seguía vivo. Así, a novela vira en torno ao impacto
psíquico e anímico que supón criarse nun fogar onde unha parte
importante da realidade familiar está cuberta por un manto de
silencio, até que un día unha fonte inesperada ábreche os
ollos á verdade.
Dacabalo
entre as novelas de iniciación e as de aceptación persoal, e
mediante unhas ilustracións en branco e negro dunha inxenuidade
enternecedora, Doutora
Laura, dígame?
marca a chegada dunha voz nova e moi suxestiva á literatura gráfica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario