MANUAL DA BOA ESPOSA
Nos
anos corenta e cincuenta, durante a ditadura de Franco, vivíase
nunha sociedade machista, a muller era considerada como a que
incitaba ao pecado e había un dominio do home sobre a muller nos
temas referentes ás concepcións sociais e científicas, xa que
existía unha suposta inferioridade mental nesta. A Falanxe
fixo fincapé na posición das mulleres creando un manual da esposa
perfecta en 1953, o cal se entregaba en España a todas as mulleres
que facían Servizo Social na sección feminina, algo que agora é
considerado como machista naquela época eran normas que as mulleres
tiñan que cumprir. As regras ían desde as tarefas da casa até as
relacións sexuais.
Despois
da Segunda República as mulleres xa conseguiran o dereito ao voto e
a súa ocupación en lugares públicos, pero o réxime franquista
conduciunas de novo aos seus fogares e a consideralas unicamente como
procreadoras, como consecuencia das mortes causadas. A súa función
era manter a orde tradicional do fogar, coidar ao home, protexelo e
satisfacelo.
A
guía da esposa perfecta trataba todos os temas, recollía os valores
tradicionais católicos que se asentaron en 1939 tras a Guerra Civil
e desenvolvidos desde os seus inicios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario