Vistas de página en total

lunes, 22 de abril de 2024

Mulleres e Ciencia. María Blasco Marhuenda

 

 

    María Blasco Marhuenda  licenciouse en 1989 en Ciencias Biolóxicas pola Universidade Autónoma de Madrid. En 1993 doutorouse en Bioquímica e Bioloxía Molecular no Centro de Bioloxía Molecular «Severo Ochoa» (CSIC-UAM) baixo a supervisión de Margarita Salgas, unha das pioneiras da investigación en bioloxía molecular de España. 

 

Entre Científicas - María Blasco Marhuenda 

Autor: Entre Científicas

    O mesmo ano que finalizou o seu doutoramento incorporouse como investigadora no laboratorio de Carol W. Greider (Nobel de Medicina en 2009) no Cold Spring Harbor Laboratory, de Nova York. Regresou a España en 1997 para establecerse como responsable de grupo no Centro Nacional de Biotecnoloxía (CSIC) e constituíu o seu propio grupo de investigación no Departamento de Inmunología e Oncoloxía do Centro Nacional de Biotecnoloxía (CNB). 

   En 2003 encabezou, no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO), o grupo de Telómeros e Telomerasa e dirixiu o programa de Oncoloxía Molecular, desde 2005 compatibilizou esas funcións coa vicedirección de Investigación Básica deste organismo, ata xuño de 2011, cando foi nomeada Directora do CNIO

     Publicou máis de 200 artigos nas revistas científicas máis prestixiosas do mundo (Nature, Science ou Cell), é actualmente referente mundial no estudo dos telómeros (os extremos dos cromosomas) e a encima que os controla, a telomerasa, e a súa relación co cancro e o envellecemento e conseguiu, grazas á ampla divulgación dos seus traballos, popularizar estes termos (Carolina Martínez Pulido. María Blasco: ejemplaridad en la vanguardia de la ciencia)

 

   Para saber máis sobre ela consultar os seguintes enlaces: 

 RECURSOS DIDÁCTICOS.

María Blasco Marhuenda. Proposta de Traballo (Taller de Igualdade)


No hay comentarios:

Publicar un comentario