Unha homenaxe gráfica a esas mulleres que sempre foron personaxes
secundarios doutras vidas: a muller de, a nai de, ou a avoa de.
Donas de Sí ten como obxectivo principal visibilizar e pór en valor a participación e producción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico, cultural e científico e se recupere a visión tradicional que presenta as súas achegas como puramente anecdóticas ou secundarias.
Unha homenaxe gráfica a esas mulleres que sempre foron personaxes
secundarios doutras vidas: a muller de, a nai de, ou a avoa de.
Un calendario de Advento é un símbolo da temporada de Advento, celebrada en decembro preto do Nadal. É un calendario de «conta atrás» dende o 1 de decembro ata o 24 de decembro. A tradición é que se elabore para os nenos e ten forma de «conteo» para saber canto falta para Nadal.
Este curso, e no contexto do Proxecta, ideamos un calendario de Advento moi singular e con tintes femininos; o noso Calendario Literario. As protagonistas son escritoras de todas as épocas e nacionalidades.
Os convidamos a ir abrindo cada día unha proposta e descubrir cal é a figura literaria do día....
O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller se conmemora anualmente o 25 de Novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación. A convocatoria foi iniciada polo movemento feminista latinoamericano en 1981, en conmemoración á data na que foron asasinadas, en 1960, as tres irmáns Mirabal na República Dominicana.
Vota unha ollada as propostas de Libros e películas para traballar na aula a Violencia de Xénero -Na nosa Biblioteca-.
MAFALDA E O FEMINISMO
Ao longo deste curso 2020-21 imos a realizar toda una serie de actividades para o noso alumnado orientadas a poñer de relevo o tema da IGUALDADE.
Comenzaremos cunha divertida exposición na que a protagonista será Mafalda, quen nos invita a unha reflesión sobre o machismo e o rol da muller nas súas aventuras.
Mulleres na arte
50 intrépidas creadoras que inspiraron ao mundo
Un libro inspirador con ilustracións cheas de encanto, Mulleres na arte narra os logros e as historias de cincuenta mulleres destacadas no terreo artístico. Coas fantásticas ilustracións que caracterizan as súas obras, este novo volume de Ignotofsky recolle desde recoñecidas figuras, como as pintoras Frida Kahlo e Xeorxia Ou’Keeffe, ate nomes menos coñecidos, como Harriet Powers, bordadora de colchas afroamericana do século XIX, ou a ceramista hopi e tigua Nampeyo—.
Este compendio fascinante abarca unha ampla variedade de técnicas artísticas e á vez contén información gráfica acerca dos principios da arte e o deseño, estatísticas sobre a representación feminina nos museos e outras ferramentas que todo artista incipiente necesita. Mulleres na arte, por tanto, constitúe unha homenaxe ás audaces creadoras que inspiraron ao mundo enteiro e achandado o camiño das novas e vindeiras xeracións de artistas.