A Asociación A Roldana é unha organización española sen ánimo de lucro centrada no ámbito da arte e a educación, cun enfoque de igualdade de xénero.
É unha asociación formada por profesionais da historia da arte, educación, deseño e cultura que traballa para visibilizar ás mulleres artistas e corrixir a súa ausencia nos contidos educativos. A asociación parte dunha crítica: durante séculos, a historia da arte contouse deixando fóra a moitas mulleres, e busca corrixir esa visión incompleta.
O seu obxectivo principal A súa meta é que a Historia da arte ensínese de forma máis completa e igualitaria, incluíndo ás mulleres en libros de texto, exames e temarios oficiais
Entre as súas actividades destacan:
-Crear materiais educativos sobre mulleres artistas
-Promover cambios nos programas escolares.
- Difundir investigacións e catálogos (como un con artistas de cada comunidade autónoma).
- Colaborar con institucións e fomentar o debate sobre arte e feminismo
Dende 2021 conta cun catálogo adaptado á materia de Historia da arte, dous catálogos específicos para Fundamentos da arte I e II, así como un catálogo unificado que reúne a todas as artistas. A estes sumamos agora un novo catálogo dedicado ás artistas das distintas Comunidades Autónomas e cidades autónomas, que pon en valor creadoras vinculadas a cada territorio e permite traballar referentes próximos desde unha perspectiva local.
Consulta e descarga os seus catálogos no seguinte enlace:
No hay comentarios:
Publicar un comentario