Con motivo da conmemoración do 25 de novembro Día Internacional
para a Eliminación da Violencia contra a Muller, ou Ies Chan do
Monte, dentro do Proxecta Doas de Si, quere facer visible este día.
O 25 de novembro fun declarado pola ONU como o Día
internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller,
coincidindo co día no que os corpos das irmás Minerva, Patria e
María Teresa Mirabal foron atopados nun barranco da estrada da
provincia de Salcedo, na República Dominicana, fai 60 anos.
As irmás Mirabal, asasinadas polo simple feito de
ser mulleres loitadoras, con voz propia, que buscaban a liberdade
para o seu país e que non quixeron pór á venda a súa dignidade, a
través das súas ideas e dos seus feitos convertéronse en iconas do
feminismo e nun símbolo da República Dominicana.
Foron coñecidas polo alcume das Bolboretas, pois
este era o nome co que Minerva identificábase nas relacións
políticas.
Hoxe, a súa memoria, a memoria das bolboretas,
mantense na persoa de tantas e tantas mulleres, que dun cabo a outro
do mundo, desafían os diferentes rostros da tiranía: a tiranía da
beleza, a tiranía do silencio, a tiranía da domesticidad, a tiranía
do patriarcado, a tiranía da violencia, a tiranía dos malos tratos,
a tiranía da morte.
Ao falar de violencia de xénero adóitase pensar
en situacións de agresións dentro dunha parella, pero non é así,
iso é a parte máis visible de todo.
O Noso Iceberg
A forma máis usada de representar a violencia de
xénero é o iceberg, que se pode dividir de dúas maneiras.
A primeira división sería entre o visible e o
invisible. Na parte que se ve están os berros, insultos e ameazas,
os abusos sexuais, as violacións e as agresións físicas, e o
asasinato no máis alto. O outro lado é a parte máis grande, a que
se atopa mergullada e apenas se ve. Aquí é onde atopamos o xerme da
violencia: micromachismos, linguaxe, humor e publicidade sexista,
control, desprezo, chantaxe emocional, humillación?
A segunda división diferénciase entre as formas
explícitas e as formas sutís. As primeiras vémolas e notámolas,
pero as segundas pasan desapercibidas, e si dámosnos/dámonos conta
delas, non as categorizamos como violencia de xénero.